Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore.
Despois con todas elas fixemos unha exposición.
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria xunto coa súa titora Ángeles, foron os encargados de contar ao resto do alumnado todas as características das árbores; as súas propiedades,orixen, beneficios... e foron situando cada unha delas no plano que fixeron para tal fin.
A charla estivo moi amena e enriquecedora e souberon adaptar as súas explicacións as idades dos alumnos e alumnas que escoitaban.
No hay comentarios:
Publicar un comentario