7/10/09

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2009-2010



Neste inicio do curso temos moitas NOVIDADES na nosa BIBLIOTECA do cole.
Un exemplo delas son estes libros CHULÍSIMOS...
Achegádevos e poderedes ver no taboleiro estes e outros libros mais que seguro vos van gustar.














12/5/09

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS



Este ano dedícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS á figura de RAMÓN PIÑEIRO.

RAMÓN PIÑEIRO foi un intelectual e político galego.


O NENO QUE QUERÍA VER O TREN

Este é un video que nos conta en 1ª persoa a vida de RAMÓN PIÑEIRO dende que naceu ata os dezaseis anos


24/4/09

23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, NA BIBLIOTECA LEVAMOS A CABO A LECTURA DE "DON QUIJOTE DE LA MANCHA".

NESTA ACTIVIDADE PARTICIPARON TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DO COLE E TODOS ELES FORON POR UNS MINUTOS DON QUIJOTE, DULCINEA E SANCHO PANZA.


19/4/09

DON QUIJOTE DE LA MANCHA







ESTOS SON OS PRINCIPAIS PERSONAXES



ABRIL, MES DO LIBRO

Día do Libro. 23 DE ABRIL

O 23 de abril conmemórase o falecemento de tres escritores: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés William Shakespeare e do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocurridos en 1616. Desta forma, a Unesco en 1995, aprobou proclamar o 23de abril de cada ano o "Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor".



12/3/09

CONTACONTOS










Na primeira semana de marzo recibimos na biblioteca un contacontos e un ilustrador da editorial XERAIS.

Para asistir a estas sesións organizámonos por ciclos:
Para os alumnos e alumnas de Educación infantil contaron o conto de "MARIQUIÑA A CARTEIRA ANDORIÑA" e o listrador fíxonos un debuxo moi chulo da carteira MARIQUIÑA.


Para os alumnos e alumnas do Primeiro ciclo de Primaria o ilustrador explicounos como se debuxa a CARTEIRA ANDORIÑA, e cada un fixo un debuxo de MARIQUIÑA.



6/3/09

MARZO : MES DA IGUALDADE

A continuación tedes un vídeo interesante sobre a igualdade de xénero


MARZO: MES DA IGUALDADE

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Aquí vai un video para observar,pensar e comentar

17/2/09

O NADAL


No NADAL o equipo de biblioteca enviou o primeiro boletín "A LER E CONTAR EN FAMILIA" onde se recollían consellos e recomendacións ás familias para escoller os libros para os seus fillos e fillas segundo as súas idades


AGASALLOS DE NADAL

Polo Nadal a ANPA regalou a todos os alumnos e alumnas do colexio uns contos moi interesantes para ler e traballar sobre eles na aula:
A todos os alumnos e alumnas de EDUCACIÓN INFANTIL os contos dos BOLECHAS
Para os alumnos e alumnas do primeiro ciclo de primaria contos da coleción BOLBORETA e MAR DE LETRAS
Para os alumnos e alumnas do segundo ciclo de primaria contos da coleción SOTELO BLANCO
E para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria contos da coleción SOTELO BLANCO e MEIGA MOIRA.
Dende aquí queremos darlle as gracias polos agasallos tan especiais

15/2/09

APRENDAMOS OS NOSOS DEREITOS

DESPOIS DE VER ESTE VÍDEO...

¿Que vos suxire?

¿Que pensades sobre este tema?

20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA


Durante a semana do 20 de novembro, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, na biblioteca do cole fixemos unha exposición de libros sobre os DEREITOS DOS NENOS E NENAS, DEREITOS HUMANOS, VALORES SOCIAIS...

PLAYING FOR CHANGE: PACE THROUGH MUSIC

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Polo día da paz, na biblioteca do colexio vimos estos vídeos

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...