2/11/10

TUNEL DO TERROR NO COLE DE DOMAIO

O venres 29 de outubro do 2010 os alumnos e alumnas de primaria do cole de Domaio viviron unha aventura terrorífica.
Tiñan que atopar un libro, pero para iso tiñan que atravesar un tunel "O TUNEL DO TERROR"
Podes ver neste vídeo o medo que pasaron.

31/10/10

CONTOS DE MEDO


Así titulamos a exposición sobre os contos de medo que temos na nosa biblioteca e podemos ver na entrada da mesma. Anímate e colle un conto o pasarás... de MEDO.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Aquí temos todas as fotos do concurso de cabazas

24/9/10

CURSO ESCOLAR 2010 - 2011


Benvidos ao novo curso escolar. Este ano temos a sorte de entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o que supón unha axuda económica que permitirá dotar á biblioteca con máis fondos e a posibilidade de intercambiar experiencias e materiais con outros centros.

21/5/10

LETRAS GALEGAS 2010

O día 17 de maio conmemoramos "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS" este ano está adicado a UXÍO NOVONEYRA e aquí temos un video onde nos conta a vida e obra deste personaxe das nosas letras.


6/5/10

FESTA DOS MAIOS

Co galo da festa dos maios, no colexio celebramos esta festa convidando aos pais para ver as actuacións que fixemos.
Os alumnos e alumnas de Infantil cantaron e bailaron, os do primeiro ciclo de primaria recitaron uns poemas, os alumnos e alumnas do segundo ciclo fixeron unha danza con arcos e cintas que quedou preciosa e os do terceiro ciclo recitaron unhas cantigas facendo unha crítica do colexio, dos políticos, do concello....

FESTA DOS MAIOS

5/5/10

LECTURA DE EL QUIJOTE

Na biblioteca do cole de DOMAIO o día 23 de abril todos os alumnos e alumnas leron EL QUIJOTE utilizando o KAMISHIBAI. Foi unha actividade que gustou moito e todos quedaron encantados.


23/4/10

ABRIL, MES DO LIBRO



O DÍA 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

8/3/10

MARZO MES DA IGUALDADE DE XÉNERO





O DÍA 8 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER por este motivo debemos concienciarnos da importancia que ten a igualdade de xénero.
Mira estos vídeos e pensa no que queren dicir.

1/3/10

EXPOSICIÓN SOBRE CHINA





























Aproveitando o entroido os alumnos e alumnas de INFANTIL investigamos sobre CHINA.
Este ciclo foi disfrazado de chinos e chinas e aproveitamos para traer ao cole cousas típicas da CHINA: ábacos, especias, porcelana, palillos, bambú, pulseiras, sombrillas, sombreiros, Tangram... e fixemos faroliños, e un dragón típico que quedou moi bonito.
Nun gran cartel escribimos cousas que sabemos sobre a China e cousas que queremos saber e pouco a pouco investigamos e descubrimos cousas moi curiosas e divertidas.












































18/2/10

MANDALAS












¿Que son os MANDALAS?


A palabra MANDALA quere dicir círculo en sánscrito. As súas orixes están na India e dende alí espalláronse por todo o mundo. Din que pintalos produce efectos beneficiosos.

O uso das cores nos mandalas tamén ten un significado especial. O seu uso está relacionado co estado de ánimo de quen os pinta.

Neste curso 2009-2010 comezamos a traballar nos mandalas e parece que lle collimos gusto.

Dende infantil ata 6º de primaria todos coloreamos algún.

NOVIDADES MES DE MARZO





AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS NOVIDADES QUE PRESENTAMOS PARA O MES DE MARZO
Son contos para todas as idades. Pasa pola biblioteca e atoparás máis libros para ti.









EXPOSICIÓN SOBRE A CAMELIA





















Este curso 2009-2010 o Colexio de Domaio colaborou coa ASOCIACIÓN DE MULLERES POZA DA MOURA aportando unha exposición preciosa sobre a CAMELIA.
Nesta exposición había un pouco de todo: que é a camelia, a historia da camelia, fotografías, camelias feitas con papel e con pétalos de camelias e tamén un mandala de camelias.
A verdade e que os alumnos traballaron moito pero o resultado foi moi bonito e interesante.
Dende aquí felicitamos a todos os alumnos e alumnas que colaboraron nesta exposición.









5/2/10

CELEBRAMOS O "DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA"





Neste ano 2010 celebramos no colexio o "DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA" e decidimos construir entre todos os alumnos e alumnas un MANDALA.






27/1/10

NOVIDADES MES DE FEBREIRO


No mes de febreiro, estas son
algunhas das novidades que entraron
na BIBLIOTECA. Espero que vos
gusten.
Se queredes descubrir cales son as
outras achegádevos e botar unha ollada
no expositor.



18/1/10

XANEIRO, MES DA PAZ E A NON VIOLENCIA

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN NESTE MES DO DÍA DA PAZ , DENDE ESTE BLOG PODEMOS ACCEDER A OUTROS ONDE NOS PROPOÑEN ACTIVIDADES E RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

http://bibliotics.blogspot.com/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...