23/4/10

ABRIL, MES DO LIBRO



O DÍA 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

8/3/10

MARZO MES DA IGUALDADE DE XÉNERO





O DÍA 8 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER por este motivo debemos concienciarnos da importancia que ten a igualdade de xénero.
Mira estos vídeos e pensa no que queren dicir.

1/3/10

EXPOSICIÓN SOBRE CHINA





























Aproveitando o entroido os alumnos e alumnas de INFANTIL investigamos sobre CHINA.
Este ciclo foi disfrazado de chinos e chinas e aproveitamos para traer ao cole cousas típicas da CHINA: ábacos, especias, porcelana, palillos, bambú, pulseiras, sombrillas, sombreiros, Tangram... e fixemos faroliños, e un dragón típico que quedou moi bonito.
Nun gran cartel escribimos cousas que sabemos sobre a China e cousas que queremos saber e pouco a pouco investigamos e descubrimos cousas moi curiosas e divertidas.












































18/2/10

MANDALAS












¿Que son os MANDALAS?


A palabra MANDALA quere dicir círculo en sánscrito. As súas orixes están na India e dende alí espalláronse por todo o mundo. Din que pintalos produce efectos beneficiosos.

O uso das cores nos mandalas tamén ten un significado especial. O seu uso está relacionado co estado de ánimo de quen os pinta.

Neste curso 2009-2010 comezamos a traballar nos mandalas e parece que lle collimos gusto.

Dende infantil ata 6º de primaria todos coloreamos algún.

NOVIDADES MES DE MARZO





AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS NOVIDADES QUE PRESENTAMOS PARA O MES DE MARZO
Son contos para todas as idades. Pasa pola biblioteca e atoparás máis libros para ti.









EXPOSICIÓN SOBRE A CAMELIA





















Este curso 2009-2010 o Colexio de Domaio colaborou coa ASOCIACIÓN DE MULLERES POZA DA MOURA aportando unha exposición preciosa sobre a CAMELIA.
Nesta exposición había un pouco de todo: que é a camelia, a historia da camelia, fotografías, camelias feitas con papel e con pétalos de camelias e tamén un mandala de camelias.
A verdade e que os alumnos traballaron moito pero o resultado foi moi bonito e interesante.
Dende aquí felicitamos a todos os alumnos e alumnas que colaboraron nesta exposición.









5/2/10

CELEBRAMOS O "DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA"





Neste ano 2010 celebramos no colexio o "DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA" e decidimos construir entre todos os alumnos e alumnas un MANDALA.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...