Este curso 2009-2010 o Colexio de Domaio colaborou coa ASOCIACIÓN DE MULLERES POZA DA MOURA aportando unha exposición preciosa sobre a CAMELIA.
Nesta exposición había un pouco de todo: que é a camelia, a historia da camelia, fotografías, camelias feitas con papel e con pétalos de camelias e tamén un mandala de camelias.
A verdade e que os alumnos traballaron moito pero o resultado foi moi bonito e interesante.
Dende aquí felicitamos a todos os alumnos e alumnas que colaboraron nesta exposición.