31/10/10

CONTOS DE MEDO


Así titulamos a exposición sobre os contos de medo que temos na nosa biblioteca e podemos ver na entrada da mesma. Anímate e colle un conto o pasarás... de MEDO.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Aquí temos todas as fotos do concurso de cabazas

24/9/10

CURSO ESCOLAR 2010 - 2011


Benvidos ao novo curso escolar. Este ano temos a sorte de entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o que supón unha axuda económica que permitirá dotar á biblioteca con máis fondos e a posibilidade de intercambiar experiencias e materiais con outros centros.

21/5/10

LETRAS GALEGAS 2010

O día 17 de maio conmemoramos "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS" este ano está adicado a UXÍO NOVONEYRA e aquí temos un video onde nos conta a vida e obra deste personaxe das nosas letras.


6/5/10

FESTA DOS MAIOS

Co galo da festa dos maios, no colexio celebramos esta festa convidando aos pais para ver as actuacións que fixemos.
Os alumnos e alumnas de Infantil cantaron e bailaron, os do primeiro ciclo de primaria recitaron uns poemas, os alumnos e alumnas do segundo ciclo fixeron unha danza con arcos e cintas que quedou preciosa e os do terceiro ciclo recitaron unhas cantigas facendo unha crítica do colexio, dos políticos, do concello....

FESTA DOS MAIOS

5/5/10

LECTURA DE EL QUIJOTE

Na biblioteca do cole de DOMAIO o día 23 de abril todos os alumnos e alumnas leron EL QUIJOTE utilizando o KAMISHIBAI. Foi unha actividade que gustou moito e todos quedaron encantados.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...